16 oct 2013

"Galiza", o novo disco de Kepa Junkera


FOL MUSICA comprácese en anunciar a publicación o vindeiro 19 de Novembro de "GALIZA", o novo traballo discográfico de KEPA JUNKERA adicado a Galiza, no que colaboran máis de 20 artistas e agrupacións da nosa terra.
 
KEPA JUNKERA, o músico euskaldún máis importante, influinte e internacional do momento, edita co selo galego FOL MÚSICA o proxecto máis ambicioso da sua carreira: un traballo discográfico rodeado das mellores formacións e artistas da actual escena tradicional de Galicia.

En “GALIZA” a trikitixa, o tradicional acordeón diatónico vasco, fóndese á perfección coas gaitas, as voces, os pandeiros, as arpas, os acordeóns... para crear un universo de música tradicional perfecto. O eixo musical GALIZA-EUSKALHERRIA tivo moitos achegamentos ao longo dos anos, pero nunca estivera tan ben representado como neste dobre álbum de KEPA JUNKERA.

“GALIZA” conta cunha presentación espectacular: un libro de 23 x 23 cm, de tapas duras, 50 páxinas con ilustracións, fotos e textos.

Este disco/libro ten presentacións confirmadas en Galicia, Euskadi e Madrid. Firmas de discos e showcases en Fnac A Coruña e Madrid, tendas Elkar, Feira de Durango... e promo presencial nestas cidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario