19 jul 2012

DOUTOR APERTAS: TRIBUTO A MAGIN BLANCO


“DOUTOR APERTAS”
Disco dobre a favor do músico e compositor ourensán tralo accidente que lle ten impedido poder tocala guitarra.
Participan mais de 30 bandas e artistas, entre eles,  Xoel López, Eladio e Os Seres Queridos, Nancho Novo e Os Castigados Sen Postre, Uxía,  Javier Bergia, The Happy Loosers, Magritte, etcétera.
O finanzamento deste disco realizouse mediante “crowfunding” e coa participación desinteresada de tódolos implicados.

Tributo a Magín blanco
¿QUÉN É MAGÍN BLANCO?
Magín Blanco é un músico galego pouco amigo do éxito masivo pero fiel compañeiro das boas cancións. A súa carreira musical comezou discográficamente nos '80 co grupo La Rosa. Publicaron catro discos que teñen que ser obrigatoriamente contados entre os mellores da música pop rock daquela época. Trala disolución da banda e a gravación de varias maquetas tivemos que esperar dez anos para poder escoitar novas cancións, esta vez baixo o seu propio nome, madurando en letras e investigando en novas melodías. Rodeado de extraordinarios colaboradores, ten publicados catro discos dignos das mellores coleccións,  o mesmo no pop rock que no folk ou a música infantil, sempre cunha calidade fora de calquera dúbida.
 ¿POR QUÉ ESTE TRIBUTO?
Un accidente acaecido no verán do 2011 o imposibilitou a Magín para seguir tocando a guitarra. Consideramos importante reivindicar  o seu legado artístico e intentar ampliar no posible o seu recoñecemento. Como admiradores da súa obra, decidimos expor en Internet o desexo de realizar un tributo á súa figura, e pedir a colaboración de artistas, animándoos a colaborar de forma voluntaria. A nosa sorpresa foi maiúscula ao comprobar que en moi pouco tempo máis de trinta músicos se ofreceron a facer versións das súas cancións.
DOUTOR APERTAS
Todo comezou no blog  “El Corazón de los Pájaros”,  website que  repasa  a carreira artística de Maxín. José Maria Caamaño, o seu creador, o resume deste xeito:
“Tras recibir unha mensaxe de Daniel Alonso  na que me preguntaba se tiña coñecemento dalgún disco tributo a Magín Blanco, xurdiu a idea de por en marcha este proxecto: facer unha páxina no facebooksolicitando a colaboración dos artistas para que se animaran a facer versións das cancións de Maxín. Aproveitando a rapidez  e fácil comunicación que ten o facebook esperamos chegar a un número interesante de colaboradores. Trátase dun proxecto sen presa, e polo momento, sen pretensións, pero ao mesmo tempo con moita ilusión por chegar a escoitalas cancións de Magín (Voyeur, La Rosa, Magín Blanco...) en voces doutros artistas, facer unha homenaxe e aportar un gran de area no merecido recoñecemento deste gran artista galego.”
Aos poucos se foron sumando artistas e foron chegando as cancións.
DOUTOR APERTAS é xa a realidade que tes nas túas mans para que chegue ós teus ouvidos.
Oxalá sexa do teu solaz e axudes a difundir a música e a figura deste grandísimo artista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario