17/3/2014

Sorteo de 3 discos "Crossing" de Andrés Penabad


Andrés Penabad deixou tres discos cando veu a presentalo, queres facerte con un?

Envía un correo a folkintrio@gmail.com indicando no asunto "Sorteo Crossing" e deixándonos o teu nome e número de teléfono para avisarte se eres un dos agraciados.
Tendes de prazo ata o venres 21 de marzo ás 16:45 horas.

Moita sorte!

18/12/2013

Vai de roncos

Incomprensible. A actitude de Susana Seivane e Cristian Silva no Luar do pasado venres non ten perdón. Defender a súa cultura? Por favor! Debería caerlles a cara de vergoña por plantarlle cara a un invento que o Sr. Xosé Lois Foxo vende como galego.

É televisión, pero que máis dá o espectáculo que se monte, e que máis dá se teñen razón nas súas verbas? A actitude non foi a correcta, que feríu a un pobre rapaz que non tiña nin idea do que estaba a facer, ben se vía na cara de coitadiño que tiña mentres afinaba cada ronco da súa gaitiña que, por certo, como xa estaba virtualmente eliminado levou, no canto de empregar a tradicional que levara na primeira ronda. Ai, meu pobre!

Ademáis van a falalo no Luar, no que ata vai Isabel Pantoja! Van de enxebristas e logo levan a cantantes de copla, xa lles vale, aínda que non teña nada que ver unha cousa coa outra, isto con Fraga non pasaba! 

Non imos a intentar pensar nin un minuto que as críticas van encaradas a defender a súa cultura, a nosa, a de todos, a que debemos de coidar cada minuto e ten unha variedade e calidade envexable de por si, xa que sería inxusto que o fixeran logo de que Denís fose a concursar ca gaita marcial, tiñan que estar calados xa que somos todos amiguiños, e os discursos políticamente incorrectos é sabido que non quedan ben.

Que os rapaces se achegan á cultura galega dun xeito que non é o correcto? Non importa Susana, non o digas nun programa de televisión, que está claro que o dis para que a túa familia venda máis gaitas.

Por todo isto, GRAZAS por dar a cara pola nosa música no Luar.


Imaxes: Páxina de Facebook "Non á falsa tradición galega na CRTVG".

Antonio Prado.

16/10/2013

"Galiza", o novo disco de Kepa Junkera


FOL MUSICA comprácese en anunciar a publicación o vindeiro 19 de Novembro de "GALIZA", o novo traballo discográfico de KEPA JUNKERA adicado a Galiza, no que colaboran máis de 20 artistas e agrupacións da nosa terra.
 
KEPA JUNKERA, o músico euskaldún máis importante, influinte e internacional do momento, edita co selo galego FOL MÚSICA o proxecto máis ambicioso da sua carreira: un traballo discográfico rodeado das mellores formacións e artistas da actual escena tradicional de Galicia.

En “GALIZA” a trikitixa, o tradicional acordeón diatónico vasco, fóndese á perfección coas gaitas, as voces, os pandeiros, as arpas, os acordeóns... para crear un universo de música tradicional perfecto. O eixo musical GALIZA-EUSKALHERRIA tivo moitos achegamentos ao longo dos anos, pero nunca estivera tan ben representado como neste dobre álbum de KEPA JUNKERA.

“GALIZA” conta cunha presentación espectacular: un libro de 23 x 23 cm, de tapas duras, 50 páxinas con ilustracións, fotos e textos.

Este disco/libro ten presentacións confirmadas en Galicia, Euskadi e Madrid. Firmas de discos e showcases en Fnac A Coruña e Madrid, tendas Elkar, Feira de Durango... e promo presencial nestas cidades.

14/10/2013

Mamá Cabra en Carral


CONCERTO DE
MAMÁ CABRA

Sábado 19 de outubro de 2013 ás 17:30h
Local da Asociación Cultural Xente Nova
Tabeaio, Carral, A Coruña

Organiza: Concello de Carral e AGADIC
Programa: Cultura no Camiño (AGADIC)

Entradas de balde
Aforo limitado.

12/10/2013

Os Cempés, en Tui!


concerto de
OS CEMPÉS
​Programación Cultural do Concello de Tui


Venres
 1
8​
 de 
​outubro 
as 2
​1:30
 h,
​Teatro Municipal de Tui 
(
 ​Pontevedra)

Organiza: Concello de
​Tui, Agadic
​Rede Galega de Teatros e Auditorios 2013​
   
Entradas:
​5€ (normal), 3,50€ (reducido)
Venda de entradas: www.culturatui.info e na billetería do teatro

Sorteo de dous discos de Tiruleque, "Mu!!"


Os Tiruleque deixáronnos dous discos cando viñeron a presentalo, queres facerte con un?

Envía un correo a folkintrio@cuacfm.com indicando no asunto "Sorteo Tiruleque" e deixándonos o teu nome e número de teléfono para avisarte se eres un dos agraciados.
Tendes de prazo ata o venres 18 de outubro ás 16:45 horas.
Moita sorte!

16/9/2013

O Festival da Luz convírtese na súa 2ª edición nun referente no país

Tivemos a oportunidade de desfrutar da xornada do domingo no Festival da Luz que se celebra en Boimorto e quedamos absolutamente abraiados por todo o que rodea ó mesmo.

Boimorto era terra de contrastes, e foron estes mesmos os que lle daban moita da esencia ó festival. Podía pasar (e pasoume), que logo de desviarte cara Andabao, houbera unha retención de vacas que fixeran que perderas uns minutos antes de chegar ó recinto, que non cadraba que estivera alí pero logo duns kilómetros no rural galego, vías dende arriba a tremenda infraestructura que tiña un festival coma este, e sabías que sería un día para lembrar.

Pasaban uns minutos das 11:30 cando abrían as portas do recinto, e centos de persoas comezaban a encher o distintos postos de artesanía, alimentación, bebidas... e se ía aglutinando a xente no escenario principal para ver a primeira actuación do día, a de Xacarandaina, que fixeron un papel excepcional. Ós que nos gusta o noso folclore nos escenarios, tivemos unha boa ración do mesmo, xa que estamos acostumados a ver as súas galas, pero actuacións coma esta, se cadra é unha opinión persoal, pero fan que desfrutemos aínda máis co seu bo facer.

A actividade non cesaba, e non había máis de cinco minutos sen unha actuación, nun dos dous escenarios. Logo presentou Narf a súa nova formación, que lle gustou moito á xente, e con semellantes acompañantes non é de era de estrañar, o mesmo que sucedeu logo con Novedades Carmiña. Os Rastrexos Project tamén foron unha agradable sorpresa para o público xusto cando a gran maioría estaba xantando.

Ás tres e media da tarde comezaba o concerto de Sílvia Pérez Cruz, a cantante de Palafrugell xa encandilaba ó público cantando en galego, como fixo en xuño en Santiago, e a partir de aí só había que mirar a reacción da xente para ver que estabamos todos engaloiados escoitando a Sílvia e ós fantásticos Joan Antoni Pich, Mario Mas, Raúl  Fernández "Refree" e Miquel Àngel Cordero que a acompañaron no concerto. De novo, a simpatía e achegamento que amosa sobre o escenario, fixeron que os asistesen desfrutasen, sendo moitos a primeira vez que a vían, como contaban ó finalizar o concerto logo de dúas gran cancións. A primeira foi a emocionante "Gallo rojo, gallo negro", canción que fixo que moitos a coñecésemos ó cantala con Coetus, e, pese a que non había tempo para máis, Luz Casal subíu ó escenario para dicirlle que podía facer outra aínda pasándose do tempo, o cal foi un xesto que amosou o poder da súa voz, xa que a seriedade cos horarios era total. Para rematar decantouse pola habanera "Vestida de nit" composición dos seus país, e todo isto coa pequena Lola, a súa primeira incondicional, aplaudindo na beira do escenario.

O festival comezaba a encherse, os Hollywater tiveron moita xente véndoos, pero a maioría ía cara o escenario principal para ver a Dover, a verdade mellor non facer moitos comentarios dese concerto, só que é unha demostración do que fai a música comercial, auténtico dor de cabeza para outros. Por sorte, logo foi o momento de Amparo Velasco, "La negra", que tamén encheu ca súa voz e o seu porte no escenario.

Carlos Núñez tocou uns minutos despois das sete da tarde, e fixo un repaso moi ben levado por case toda a súa traxectoria. Dende Irlanda a Brasil, os que estamos acostumados a velo xa sabemos algo de memoria o guión, pero sorprendeu engadindo cousas novas, xa que ata se animaron a cantar, dende logo saben como quedarse ca xente que os está vendo. O mellor foi a intervención de dúcias de gaiteiros e percusionistas da zona, que colaborando nalgúns dos temas, facían que soase cunha forza que levantaba ó público, a maioría agardando xa a Fito.


Non sabían moi ben o que se perdían todos os que agardaban o último concerto da noite, xa que o de Sés foi incríble. Penso que non hai artista en Galicia a día de hoxe que se quede máis ca xente, aínda que non a coñeza de nada. Coma en tódolos lugares, había algún que dicía "Pero esto que es, ¿un mitin?", o certo é que María Xosé o único que fixo foi dicir verdades, ás que nos ten acostumados. Sés é un fenómeno que segue o seu curso, e cada día máis xente aprende das súas cancións, do seu estilo, e da súa forma de vivir.

Fito e Fitipaldis servía para poñer o broche a un festival coma poucos, organización excelente, pago con púas, demarcacións de millo, os servizos entre este (emulando á gran muiñeira de Anxo Pintos), que son un claro guiño a calquera romería galega. Por poñer un pero, o excluído que estaba o galego no mesmo, pero de verdade que impecable todo a nivel organizativo, por moitos anos máis de Festival da Luz!